Buceta Facorro, Luís
Buceta Facorro, Luís
Catedrático da Universidad Complutense e da Pontificia de Salamanca. Foi subdirector xeral de Orientación Pedagóxica, de Educación Permanente e Especial, concelleiro en Madrid, deputado provincial na Diputación de Madrid, director do Instituto de la Juventud, director do Instituto de Psicología y Psicotecnia, e agregado laboral á embaixada de España en Venezuela, amais de director da RTVE. Colaborou con artigos en numerosos xornais e revistas. Publicou as seguintes obras: Apuntes de política social (1963), La Juventud ante los problemas sociales (1966), Introdución histórica a la psicología social (1979) e Fundamentos psicosociales de la información.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra