Buch, Manuel
Fotógrafo profesional. Formouse en Madrid, no estudo de Franzen. Entre 1912 e 1916 traballou como fotógrafo en Nova York. A partir de entón tivo un estudo na Coruña, ofertando retratos con iluminado de copias, procedementos nobres e glamour. O seu traballo foi exposto na Exposición Rexional de Fotografía en 1922 e na Exposición Ibérica de 1923. Foi premiado na Exposición Internacional de Londres de 1925. Volveu vivir en Madrid despois de mediados os anos vinte, onde abriu un estudo na Gran Vía que por uns anos foi un distinguido foro fotográfico. No ano 1931 marchou a Colombia, onde se instalou en Bogotá, facendo fotografía e cine con Rómulo Gallegos. O incendio do seu estudo fixo que se perdese a maior parte do seu arquivo. Hai mostras do seu traballo nas revistas gráficas da época como La Esfera, Mundo Gráfico e Marineda. Consérvase do seu arquivo unha pequena parte, a máis familiar, pero de interese xeral debido a que presenta procedementos non habituais nas coleccións conservadas en Galicia.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso