Buch Buet, Ramón
Buch Buet, Ramón
s XVIII que se dedicaba á salgadura de peixe. De ideoloxía liberal, dirixiu os levantamentos liberais de 1840, 1843 e 1846 na cidade de Vigo, feito que o levou a desempeñar distintos cargos políticos. De 1840 a 1841 foi alcalde de Vigo, deputado provincial e, en 1843, presidente da Xunta de Goberno de Vigo e vogal da Xunta Superior de Galicia. Como pintor asumiu as propostas do romanticismo aproximándose á temática de escenas de xénero do gusto decimonónico en Cataláns xogando aos naipes ou As concheiras de Bayona; tamén realizou retratos, como o de Méndez Núñez ou Aurelio Aguirre. Participou en diversas exposicións rexionais e foi profesor da Escola de Artes e Oficios de Ferrol.