Bucolica

Bucolica
Nome científico: [Bucólicas]
[LIT]

Conxunto de dez composicións poéticas de Virxilio, elaboradas entre o 42 e o 37 a C. Con elas Virxilio innovou a poesía campestre de Teócrito, e o xénero bucólico romano adquiriu un carácter histórico definido. A maior parte ten forma dialogada. Os pastores que aparecen nelas, a miúdo personaxes da alta sociedade disfrazados, propoñen cuestións sociais, políticas ou económicas. A súa temática xira ao redor do amor que todo o vence.

Palabras veciñas

buco- | bucodental | bucólica | Bucolica | bucólico -ca | bucolingual | Bucovina