bucólico -ca
(< lat bucolĭcu < grβουκολικός < grβουκόλος ‘boieiro’)
-
-
adx
Relativo ou pertencente á vida e á ocupación dos pastores.
Sinónimos: pastoril. -
adx
Que goza coa vida tranquila e ideal do campo.
Ex: Leva unha vida bucólica afastada dos ruídos da cidade.
-
adx
-
verso bucólico
[LIT]
Hexámetro dactílico con diérese despois do cuarto pé, usado a miúdo polos poetas bucólicos.
-
xénero bucólico
[LIT]
Xénero literario, especialmente poético, que idealiza a vida no campo e a vida dos pastores. Teócrito (s III a C), autor dos Idilios (s III a C), é o representante de maior importancia entre os gregos. O xénero atopou un novo mestre en Virxilio, seguidor de Teócrito pero creador orixinal nas Bucólicas (42-37 a C). Foron numerosos os imitadores de Virxilio, no conxunto ou nunha parte das súas obras. Durante os tempos medievais, o xénero foise adulterando, e só hai reflexos deste nos poetas carolinxios, reunidos ao redor de Alcuíno, nas pastorelas provenzais e catalanas e nas serranillas castelás. A renovación da bucólica clásica operouse a partir do Humanismo e do Renacemento. En España está representado por Juan del Encina (1469-1529) e sobre todo por Garcilaso de La Vega (1501-1536), gran cultivador da égloga. En Galicia débese subliñar a figura de Nicomedes Pastor Díaz, autor dunha Égloga e dunha Alborada entre os anos 1826 e 1828, seguindo o modelo de Garcilaso de la Vega.