bucranio

bucranio
s m [ARQUIT]

Ornamento que reproduce o cranio do boi. Propio da arte romana e retomado no Renacemento, colocábase nas metopas da orde dórica romana e ía adornado con cintas, grilandas ou discos que simbolizaban os pratos rituais para os sacrificios. Atópanse representacións de bucranios da época romana nunha fonte de Tomonte (Vilardevós), nunha ara de Espiño e nun capitel atopado no barrio de San Roque de Lugo.

Palabras veciñas

bucólico -ca | bucolingual | Bucovina | bucranio | buda | Buda | Buda ou o Buda