budión

budión
Nome científico: [Symphodus bailloni, Fam dos lábridos]
s m [ANIMAL/ICT]

Peixe mariño de ata 25 cm de lonxitude, de corpo alongado cuberto de escamas grosas e dúas manchas negras na parte traseira da aleta dorsal e outra na parte media do pedúnculo caudal. Os machos son de cor alaranxada brillante e as femias acastañadas con bandas transversais máis escuras. Vive ata os 50 m de profundidade no litoral mediterráneo e no atlántico dende Mauritania ata o Mar do Norte.

Palabras veciñas

Budiño, San Salvador de | budio | Budio | budión | Budión | budismo | budista