Buen y del Cos, Odón de
Naturalista e oceanógrafo. Catedrático de Historia Natural na Universitat de Barcelona (1889), foi afastado desta por mor das súas ideas darwinistas. Iniciou os estudios sobre bioloxía mariña moderna en España coa súa participación como naturalista a bordo dunha expedición oceanográfica (1886) que recalou en Ferrol, onde recolleu numerosos exemplares de peixes e crustáceos, orixe de diversas publicacións posteriores. Fundou e dirixiu (1907) o Laboratori de Biologia Marina das Illes Balears e, posteriormente, o Instituto Español de Oceanografía, visitando en numerosas ocasións o Laboratorio de Vigo. En 1907 formou parte da comisión de personalidades de Solidaritat Catalana que acudiu a Galicia en apoio de Solidaridade Galega. Como senador republicano por Barcelona protestou e interpelou o goberno en 1909 polos crimes de Oseira relacionados co movemento agrarista. En 1939 exiliouse a México trala vitoria fascista na Guerra Civil.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Zuera, Aragón -
Deceso
Lugar : México