Buenas Noches
Publicouse en Rianxo dende 1911 a 1914 o segundo e cuarto sábado de cada mes. Subtitulábase “Periódico independiente”. A partir de marzo de 1912 pasou a chamarse “Semanario liberal”. Xosé Barreiro foi o director desta publicación de tendencia liberal. Aínda que o periódico era o voceiro da Casa Varela, estaba baixo o control de Manuel Viturno e da familia Gasset. Abundaba máis o emprego do pseudónimo ca o do nome, así podemos ler firmas como Fanático, Vingador, Taravinoche, Chiflado, Avechucho e outras. Presentaba espacios como “Arañazos”, “De Padrón”, “Curiosidad de Buenas Noches” ou “Ecos de la semana”. Incluíu pequenas pezas de teatro, referencias a outras publicacións nacionais ou de emigración, así como poemas en galego. Levaba publicidade na última folla. Trátase dunha publicación que non tiña aspiracións políticas, pero no que se quería reflectir a obxectividade e a verdade dos temas tratados. Engordiño a publicación tornouse cada vez máis agresiva e localista. Dende o número 20 apareceu cun formato novo e editouse en Vilagarcía. En lingua galega aparecen algúns poemas como “Voemos” de F. Cabo Pastor ou “Xa teño moza” de Chiflado.