Buenaventura

Buenaventura

Cidade do departamento de Valle del Cauca, Colombia, sobre a illa Cascajal (266.988 h [1995]). A importancia da cidade débese ao porto, o principal do país no Océano Pacífico, e polo que se exporta a maior parte do café, do algodón e do azucre que produce. Comunícase por ferrocarril e estrada con Cali. A cidade foi fundada en 1540 por Pascual de Andagoya, pero foi destruída polos indios a finais do s XVI e reconstruída no ano 1821.