búfalo

búfalo

(< lat bufălu)

  1. s m [ANIMAL]

    Mamífero ruminante do xénero Bubalus ou Syncerus, da subfamilia dos bovinos. Poden acadar ata 2 m de altura na cruz, teñen o corpo groso e a cola longa rematada nun pincel de pelos, e presentan cornos longos e anchos na base.

    Confrontacións: bisonte.
  2. búfalo africano/búfalo cafre [ANIMAL]

    Búfalo non domesticable, considerado como un dos animais máis perigosos de África. Distínguense dúas subespecies: S. caffer caffer, de cornos unidos na base e pelame castaño escuro, que vive en grandes rabaños en lugares próximos a ríos nas sabanas; e S. caffer nanus, de cornos separados e pelame de cor castaña clara, que vive nos bosques tropicais e ecuatoriais, ata os 3.000 m de altitude.

  3. búfalo anano [ANIMAL]

    anoa.

  4. búfalo asiático/búfalo indio [ANIMAL]

    Búfalo que habita, en estado salvaxe, nas zonas pantanosas da India, Sri Lanka e L de Bengala. As formas domesticadas, denominadas carabaos, teñen a cornamenta reducida, produto da selección por parte do home ao longo de 5.000 anos.

Palabras veciñas

bufa | Bufadoiro | bufador | búfalo | bufanda | bufante -ta | bufar