bugi

bugi
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos bugis ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo bugi.

  3. s [ETN]

    Pobo malaio, que habita no SO das Célebes, no S de Borneo, espallado polas illas de Lombok e Bali. Está constituído por aproximadamente 4.000.000 individuos. Posúen unha agricultura desenvolta, na que destacan os cultivos do arroz e do millo, xunto coas plantacións de cocos. Dedícanse tamén á gandería, á pesca, ao comercio marítimo e á navegación. Dominan tamén as técnicas metalúrxicas. Atópanse organizados en familias matrilocais, dunhas vinte persoas, que habitan unha mesma casa. Islamizáronse a principios do s XVII, pero na súa relixión perviven elementos hinduístas e prehinduístas.

  4. s m [LING]

    Lingua oceánica da familia austronésica, unha das máis importantes do grupo indonesio, moi semellante ao makasar, incluída no grupo de linguas malaio-polinesias e dentro delas no subgrupo célebes. Rexístranse 2.500.000 falantes e posúen unha literatura de gran riqueza escrita en caracteres derivados do alfabeto devanagari.