Bujumbura

Bujumbura

Capital de Burundi e da provincia homónima, erguida á beira do lago de Tangañica (300.000 h [1994]). É un porto de pesca e, sobre todo, comercial. Entre as actividades industriais sobresaen os sectores téxtil, alimentario e zapateiro. Posúe aeroporto internacional. Centro de ensino superior, é sede da Université du Burundi, creada en 1960. Os alemáns fundaron a cidade en 1897 co nome de Usumbura.