Bukowski, Charles

Bukowski, Charles

Escritor. A súa obra recolle os problemas do home contemporáneo enfrontado á sociedade alleante, da que tenta escapar a través da plasmación dun mundo violento e marxinal, dentro dunha certa estética do malditismo. Publicou poemarios como At Terror Street and Agony Way (Na rúa do terror e no camiño da agonía, 1968) e The Days Run Away like Wild Horses over the Hills (Os días fuxiron como cabalos salvaxes nos outeiros, 1969) e, como narrador, as obras Tales of Ordinary Madness (Contos dunha loucura ordinaria, 1967), Notes of a Dirty Old Man (Notas dun home sucio e vello, 1969), Factotum (1976), Women (Mulleres, 1979), Shakespeare never did this (Shakespeare nunca fixo isto, 1979) e Hollywood (1988), entre outras.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Andernach, Renania

  • Deceso

    Lugar : Los Angeles, California