Bull, John
Bull, John
Compositor e organista inglés. Prestou os seus servicios na catedral de Hereford (mestre, membro do coro e organista) e na Capela Real de Londres. Obtivo o grao de doctor of music en Cambridge (1589) e en Oxford (1592). En 1613 trasladouse aos Países Baixos, e foi organista na catedral de Anveres (1617-1626). Foi un dos maiores virtuosos do teclado e un dos creadores da súa técnica e dos procedementos que independizaron a escritura instrumental da vocal. Compuxo ao redor de 150 pezas para teclado, pezas para consort e música vogal sacra.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Old Radnor -
Deceso
Lugar : Anveres