Bülow, Bernhard Heinrich Karl von

Bülow, Bernhard Heinrich Karl von

Político alemán e príncipe de Bülow. Foi embaixador en Bucarest (1888-1893) e en Roma (1893). Guillerme II nomeouno secretario de estado de Asuntos Exteriores (1897) e chanceler do Imperio (1900-1909). Mantivo unha política favorable á orientación do emperador diante da Entente Cordiale (1904). Defendeu o desenvolvemento do exército e dunha mariña de guerra potente que garantise a expansión comercial alemana. Enfrontouse coa oposición socialdemócrata e buscou o apoio dos conservadores, os católicos do centro e os liberais nacionais. A crítica ao kaiser Guillerme II, quen revelou segredos diplomáticos a un periodista no curso dunha entrevista, separouno do poder. Rematou a carreira diplomática como embaixador en Roma (1914-1915).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Klein

  • Deceso

    Lugar : Flottbeck, Holstein

  • Deceso

    Lugar : Roma