buño

buño

(< lat budinu?)

s m [PLANTA]

Herba perenne do xénero Carex, da familia das ciperáceas, de talo sólido, triangular e sen articulacións e follas lineais. As flores, dispostas en espigas mestas, son unisexuais; as masculinas están formadas por dous ou tres estames e as femininas por un ovario, que dará lugar a un froito en aquenio, protexido nun utrículo. En Galicia están presentes máis de 40 especies, sendo as máis comúns: C. laevigata, C. paniculata, C. remota e C. viridula, en lugares húmidos; C echinata, C. muricata e C. ovalis, en prados; C. binervis e C. durieui, en brañas (a segunda especie e endémica do noroeste da Península Ibérica); C. arenaria, en areais; C. extensa, en areas, rochas e marismas da beiramar e C. broteriana, especie endémica das ribeiras pedregosas dos ríos de Galicia.

Sinónimos

Palabras veciñas

Bunium | búnker | Bunnell, reacción de | buño | Buño | Buño | Buño