carrizo
(< raíz preindoeuropea carr-)
-
[PLANTA]
-
s
m
Herbácea perenne de ata 4 m de altura, de rizomas leñosos, follas de ata 50 cm de longo e 5 de ancho, e inflorescencia en panícula de pluma con tons violáceos de ata 30 cm. Vive en zonas húmidas, tanto de auga doce como salobres. O rizoma ten propiedades diuréticas e lactífugas.
-
carrizo da Pampa [Cortaderia selloana, Fam das poáceas]
Herbácea de ata 2 m de altura, dioica, de follas moi estreitas de ata 1 m de lonxitude, verde agrisadas e coa beira dentada. As inflorescencias en panícula moi patentes e plumosas son de cor branca ou rosada. Orixinaria de Sudamérica, é común en Galicia como planta ornamental.
-
s
m
-
[ANIMAL/ORNIT]
-
s
m
Ave da familia dos troglodítidos, distribuídos principalmente por América.
-
carrizo americano [Troglodytes aedon, Fam dos troglodítidos]
Carrizo de ata 12 cm de lonxitude presente na maior parte de América.
-
carrizo común [port: carriça; cast: chochín; ingl: wren] [Troglodytes troglodytes, fam dos troglodíticos]
Ave de 9,5 cm de lonxitude, de peteiro fino e curvado cara a abaixo, ás curtas e arredondadas, cola pequena e levantada, e plumaxe de cor castaña con listas nos flancos e nas ás, as partes inferiores máis claras e unha raia ciliar clara. O seu voo é baixo e directo, e ten un canto moi potente. Distribúese por Norteamérica, África do Norte e zonas mornas de Asia e Europa, onde constitúe o único representante da familia. Na Península Ibérica preséntase de xeito uniforme, no norte, e asociada ás ribeiras de ríos e serras, no sur. En Galicia ocupa calquera medio cun mínimo de vexetación baixa e mesta, como as matogueiras densas. Antes da posta dos ovos, o macho adoita construír varios niños en buracos, de xeito que a femia escolle entre un deles e axuda a rematalo; o proceso pode repetirse con algunha outra femia de xeito poligámico. É un dos hospedeiros máis frecuentes do cuco. Durante o inverno, para facilitar a conservación da temperatura e evitar consumir reservas durante a noite -o carrizo non pesa máis de10 g-, pasa a noite en buracos ou caixas-niño de xeito illado, aínda que tamén pode aparecer en pequenos grupos. Estes hábitos trogloditas deron orixe ao nome científico da especie.
Sinónimos: carriza. -
carrizo dos cactos [Campylorhynchus brunneicapillus, Fam dos troglodítidos]
Carrizo de ata 22 cm, de plumaxe agrisada. Localízase en ambientes áridos do SO de EEUU e México, e fai o niño sobre cactos e arbustos espiñentos.
-
carrizo silvático [Cinnycerthia unirufa, Fam dos troglodítidos]
Carrizo de 18 cm de lonxitude, de plumaxe uniforme, de cor loira coa cabeza máis pálida. Vive nas pluvisilvas húmidas dos Andes, dende Venezuela ata Perú, por baixo dos 3.800 m de altitude.
-
s
m
-
carrizo branco
[ANIMAL/ORNIT]
estreliña.
Frases feitas
-
Chufa, carrizo (que vén o verán)! Aplícase a quen alardea moito.