Carrizo

Carrizo

Municipio da provincia de León, Castela e León, ao SL da capital. Está drenado polo río Órbigo (2.829 h [1996]). A capital é Carrizo de la Ribera. Os numerosos pastos favorecen a cría de gando vacún e a agricultura baséase no cultivo de cereais e legumes. As principais industrias son a alimentaria e a madeireira.