bupréstido -da

bupréstido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos bupréstidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Coleóptero da familia dos bupréstidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de coleópteros principalmente tropical e escasamente representada en Europa. Os insectos adultos son de coloración brillante e teñen o corpo de forma ovada, a cabeza afundida no tórax, ollos xeralmente grandes e antenas curtas e dentadas. As larvas teñen os segmentos torácicos dilatados e deprimidos e desenvólvense principalmente na madeira ou talos de herbáceas, aínda que unhas poucas son minadoras de follas ou forman bugallos.

Palabras veciñas

Buphagus | bupivacaína, hidrocloruro de | Bupleurum | bupréstido -da | buque | buqué | Būr Sa’īd