buqué

buqué

(

  1. s m [ALIM]
    1. Aroma que exhala un viño e que o caracteriza, producido polos corpos odoríferos orgánicos formados no curso da fermentación e o envellecemento, como resultado da acción das fermentacións. O buqué é propio dos viños vellos, mentres que o aroma o é dos viños novos.

      Ex: O albariño ten un buqué recoñecido mundialmente.

    2. Catadura de determinados produtos alimentarios.

  2. s m [ALIM]

    Unha das posibles maneiras de presentar no prato, en forma de pequenos montes, as hortalizas cocidas ou as froitas.

    Ex: Os camareiros saben facer os mellores buqués.

  3. buqué garni

    Ramallete de herbas frescas e secas para aromatizar ou dar gusto a certos pratos ou guisados. Colócanse xuntas formando un ramiño: pirixel, tomiño, loureiro, etc.

Palabras veciñas

Bupleurum | bupréstido -da | buque | buqué | Būr Sa’īd | bura | buraca