Burckhardt, Jakob
Historiador da cultura e tratadista de arte. Formouse en Suíza e Alemaña. Entre 1839 e 1843 residiu en Berlín onde coñeceu o historiador Ranke e o historiador da arte Kugler. Exerceu de profesor en Zúric e en Basilea dende 1858. Nas súas obras centrou a súa atención en Italia e considerou a civilización como unha unidade, con diferentes compoñentes, dos que destacan os feitos e os acontecementos da arte. Presentou unha visión da cultura marcada por un certo pesimismo, ao considerala o único dos tres elementos que, na súa opinón, compoñen a civilización (a relixión, o estado e a cultura) capaz de producir un renacemento. Entre as súas obras cómpre destacar Die Kultur der Renaissance in Italien (A cultura do Renacemento en Italia, 1860); en Geschichte der Renaissance (Historia do Renacemento, 1867) interpretou as formas artísticas como expresión do seu período histórico. Creou unha escola da que o máximo expoñente foi H. Wölfflin.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Basilea -
Deceso