Burgo, San Vicente do
Burgo, San Vicente do
Igrexa parroquial do s XVIII situada no concello de Lugo. Consta dunha soa nave cuberta con bóveda de canón con lunetos nos laterias. A capela maior é cuadrangular cuberta por unha bóveda de media laranxa sobre pendentes que remata nunha lanterna. O retablo maior é de finais do s XVIII e alberga as imaxes do Sagrado Corazón, san Ramón e san Vicente. Ten tamén un retablo neogótico e outro neoclásico. Na fachada principal a portada é alintelada cun frontón semicircular sobre o que se sitúa unha fornela coa figura do titular do templo. O campanario dun corpo, remata nunha cupuliña.