Burgo, serra do
Burgo, serra do
Pequena cadea montañosa, situada entre os concellos de Montederramo, Chandrexa de Queixa e Castro Caldelas. Ten unha orientación NL-SO, cos cumios do Serro (1.200 m), A Pena do Corvo (1.288 m) e Os Pavillós (1.276 m), entre os máis elevados.