burgrave

burgrave

(< al Burggraf < Burg‘cidade’ + Graf ‘conde’)

  1. s m [HIST]

    Durante o Sacro Imperio, señor que orixinariamente equivalía a un castelán perpetuo dunha fortaleza.

  2. s m [HIST]

    No Sacro Imperio, gobernador ou administrador dun burgo ou dunha cidade con castelo á conta do emperador (como Nuremberg) ou dun príncipe eclesiástico ou leigo. Os burgraves tiñan a miúdo funcións xudiciais, tanto en materia civil como criminal. Co tempo, o cargo converteuse en hereditario e supuña a posesión de terras.