buril

buril

(< fr burin)

  1. s m

    Tipo de cicel, delgado, en forma de bisel por un extremo e provisto dun mango polo outro que, ao ser percutido, permite que coa punta se fagan incisións máis ou menos profundas sobre unha superficie de metal, pedra ou madeira. É a ferramenta que utilizan os gravadores para trazar sobre as pranchas os debuxos, os gráficos ou as inscricións que despois serán reproducidos sobre o papel.

    Ex: Este deseño fíxose con buril.

    Confrontacións: punzón.
  2. [ARQUEOL]
    1. golpe de buril

      Na análise tecnolóxica designa unha das técnicas especiais de retoque. Consiste na acción de fabricar superficies biseladas, obtidas grazas á extracción producida por unha única percusión ou presión.

    2. s m

      Útil fabricado mediante a técnica do golpe de buril, que produce unha aresta cortante, característico do Paleolítico superior. As diferencias morfolóxicas ou importancia porcentual con respecto a outros útiles tómanse como base para definir conxuntos industriais.

  3. s m [FILAT]

    Ferramenta punzante de aceiro empregada para facer manualmente o gravado sobre metal que logo pasará a ilustrar definitivamente o selo.

  4. gravado ó buril [ARTE]

    Gravado que se realiza nunha prancha de cobre ou de aceiro con este utensilio.