punzón
punzón
(< lat punctĭōne)
-
s
m
[TECNOL]
Instrumento de ferro ou de aceiro, de corpo cilíndrico ou prismático, de punta cónica, aceirada e cabeza plana sobre a que se percute manualmente, cun martelo, ou mecanicamente, na punzoadora, para facer furados ou marcar os puntos co furador.
-
s
m
[TECNOL]
Instrumento de ferro que consiste nunha peza cónica aguda provista dun mango, que se emprega para facer furados na pel, no coiro ou noutro material.
Confrontacións: buril.