punzón

punzón

(< lat punctĭōne)

  1. s m [TECNOL]

    Instrumento de ferro ou de aceiro, de corpo cilíndrico ou prismático, de punta cónica, aceirada e cabeza plana sobre a que se percute manualmente, cun martelo, ou mecanicamente, na punzoadora, para facer furados ou marcar os puntos co furador.

  2. s m [TECNOL]

    Instrumento de ferro que consiste nunha peza cónica aguda provista dun mango, que se emprega para facer furados na pel, no coiro ou noutro material.

    Confrontacións: buril.

Palabras veciñas

punzante | punzar | punzoadora | punzón | Punzorrón | pupa | pupario