punzante
punzante
(< punzar)
-
adx
Que pica ou punza.
Ex: Cravou no pé un obxecto punzante.
Sinónimos: punxente. -
adx
Que causa unha sensación dolorosa aguda e penetrante.
Ex: Ten unha dor punzante no lombo.
Sinónimos: punxente. -
adx
Que molesta, fire ou causa dor.
Ex: Oíu uns comentarios punzantes que lle causaron moita tristeza.
Sinónimos: punxente.