Burke, Edmund
Político e filósofo, teórico do conservadorismo. O interese polos acontecementos internacionais levouno a fundar, en 1859, o Annual Register, anuario político británico. Pertenceu ao partido whig ata 1791, foi deputado na Cámara dos Comúns e, en 1783, formou parte do gabinete Portland. Na súa primera obra, Vindication of Natural Society (Vindicación da sociedade natural, 1756), decantouse cara ao practicismo. Defendeu a continuidade das institucións e rexeitou as revolucións. Así, opúxose aos postulados liberais da Revolución Francesa en Reflections on the Revolution in France (Reflexións sobre a Revolución Francesa, 1790). Afirmou que a liberdade non atentaría contra os principios da orde establecida. Propugnou tamén o dereito dun estado de inmiscirse nos asuntos doutro en caso de anarquía. Defendeu os intereses dos colonos de América do Norte contra a tentativa centralizadora de Xurxo III.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Dublín -
Deceso
Lugar : Beaconsfield, Buckinghamshire