Burns, Robert

Burns, Robert

Poeta escocés. Precursor do romanticismo, influíu moito nos poetas de lingua inglesa como Walter Scott ou Moore. É autor de Poems, Chiefly in the Scottish Dialect (Poemas, principalmente en dialecto escocés, 1786), onde valorou a tradición popular. Nos seus derradeiros anos traballou no estudo do folclore musical escocés e compuxo ou refundiu baladas tradicionais para o Scots Musical Museum (1787-1803) e para a Select Collection of Original Scottish Airs (1793-1805).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Alloway, Ayr

  • Deceso

    Lugar : Dumfries