Burroughs, William
Burroughs, William
Escritor. A súa primeira novela Junkie (1953), publicada baixo o pseudónimo de William Lee, describe o mundo marxinal da droga, que el mesmo coñecía. A súa segunda novela, Naked Lunch (Comida espida, 1959), prohibida durante anos pola censura do seu país, centrouse na caracterización agre e sarcástica do mundo literario norteamericano. Estas dúas obras foron reivindicadas pola literatura beat. Da súa obra posterior, escrita baixo as mesmas coordenadas, cómpre destacar: The Soft Machine (A máquina suave, 1961), The Job (O oficio, 1970), The Place of the Dead Roads (O lugar dos camiños mortos, 1984), Queer (Raro, 1985) e The Western Lands (As terras do oeste, 1988).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Saint Louis, Missouri -
Deceso
Lugar : Kansas