Burschenschaft
Burschenschaft
Movemento de estudiantes universitarios alemáns creado en Jena (Turinxia) en 1815 ao abeiro do pulo nacionalista e liberal que xurdiu trala expansión napoleónica. A radicalización dunha parte do movemento motivou que a partir de 1819 o grupo mantivese unha intensa actividade terrorista, sobre todo entre 1830 e 1840, e participase na revolución liberal de 1848. A súa bandeira converteuse en 1919 en bandeira nacional alemana.