bursite

bursite

(< bursa ‘bolsa’ + -ite)

s f [PAT]

Inflamación dunha bolsa serosa, situada nun lugar no que os tendóns pasan por riba das prominencias óseas, de causas a miúdo pouco claras (traumatismos, infeccións, gota, artrite crónica, etc). A bursite aguda provoca dor, limitación do movemento e tumefacción. A bursite crónica adoita manifestarse con brotes de agudización e pode ir acompañada de atrofia muscular e calcificacións.