busto
(
- s m
-
s
m
[ARTE]
-
Escultura que só presenta a cabeza e a parte superior do corpo. O busto converteuse nun xénero que, segundo as épocas e os estilos, adoptou unha forma e unhas medidas determinadas. Propio do mundo europeo, existiu tamén en Exipto. En Grecia, e sobre todo en Roma, adquiriu unha autonomía plena ao servizo do retrato. Despois do s V perdeuse a tradición, non revitalizada ata o s XV con Donatello, que iniciou unha nova corrente.
Ex: O busto de Nefertiti de cuarcita rosada, exhibido no museo do Cairo, é dunha beleza extraordinaria.
-
Cabeza dos monarcas que aparece representada nas moedas ou medallas.
Ex: Nunha moeda de cen pesetas aparece o busto do Rei Xoán Carlos I.
-
-
s
m
[AGR]
Extensión de terra destinada ao pasto do gando.
Ex: As vacas están pacendo no busto.
Sinónimos: pasteiro, prado. Confrontacións: campaza, campeira, campela, campizo, campón, camposa.