butaca

butaca

(< cumanagoto, dialecto deVenezuela, putaka ‘asento’)

  1. s f

    Cadeira de brazos, para unha persoa, xeralmente acolchada e con respaldo inclinado cara a atrás.

    Ex: Están tapizando as butacas do teatro de cor verde.

    Confrontacións: cadeira, asentadoiro.
  2. s f

    Nas salas de espectáculos, cada un dos asentos con brazos organizados en ringleiras ou filas.

    Ex: Dende a primeira fila de butacas non se vía nada ben a película.

  3. s f

    Entrada para ocupar un asento nunha sala de espectáculos.

    Ex: Comprei tres butacas para a función da noite.

  4. butaca de patio

    Asento de teatro na planta baixa, chamada patio de butacas.