cadeira

cadeira

(< lat v cathēdra

  1. s f [ANAT]

    Rexión anatómica sobresaínte, situada entre o van e as coxas, e formada polo ensanchamento dos cadrís. A cadeira articúlase mediante o xogo da cavidade acetabular do cadril, que ten aumentada a superficie articular cunha cartilaxe, e a cabeza do fémur; ao mesmo tempo, está fixada por catro ligamentos que permiten os movementos de flexión, extensión, abdución, addución, rotación e circundución.

    Ex: Case non pode andar porque hai pouco que caeu e rompeu a cadeira.

    Confrontacións: anca, cadril.
    1. s f

      Asento individual con respaldo, con ou sen brazos, xeralmente con catro patas. Apareceu por primeira vez en Exipto, onde lle puxeron patas imitando as dos animais. Esta tradición obsérvase tamén no mundo asirio. Os gregos e romanos fixéronas pregables, en forma de tesoira, dobre ou múltiple. As cadeiras medievais teñen unha orixe monárquica ou eclesiástica. No Renacemento adquiriu unha maior difusión como obra de arte, sobre todo no s XVII (estilos Luís XIII e Luís XIV) e no s XVIII (estilos Luís XV, Luís XVI e Chippendale). No modernismo creceu o interese por adecuar a cadeira ao corpo humano. Máis tarde co deseño industrial tamén se cambiaron os materiais, e substituíuse a madeira polo plástico, o aluminio ou o aceiro.

      Ex: Precisamos dúas cadeiras máis, porque aínda hai xente de pé.

    2. s f

      Banqueta con tres patas utilizada como asento.

      Ex: O zapateiro traballa sentado sobre unha cadeira pequena pero moi xeitosa.

    3. cadeira con ouriñal

      Cadeira destinada aos nenos pequenos ou á xente maior imposibilitada, cun burato redondo no asento, para colocar un ouriñal.

    4. cadeira curul

      Asento que empregaban os edís patricios romanos.

    5. cadeira de brazos

      Cadeira con barras laterais para descansar os brazos; adoita levar o asento almofadado.

    6. cadeira de frade

      Cadeira con brazos que leva o asento e o respaldo de coiro cravados.

    7. cadeira de rodas

      Cadeira con rodas laterais grandes, a miúdo pregable, que permite os desprazamentos ás persoas incapacitadas.

    8. cadeira eléctrica

      Artificio en forma de asento, utilizado para executar as persoas que están condenadas a pena de morte, mediante unha descarga eléctrica de máis de 2.000 V. Inventouna T. A. Edison en 1888.

    9. cadeira encartable

      Cadeira na que cada parella de patas se entrecruza en forma de aspa, e que ás veces ten o asento flexible ou de tea para poder pregala.

    10. cadeira xestatoria [RELIX]

      Asento construído enriba dunhas angarellas, axeitado para que o levasen doce homes. Ata o tempo de Xoán XXIII foi utilizada polos papas.

  2. s f

    Mango do trade.

Formas incorrectas

silla

Palabras veciñas

cadea | cadeado | cadeeira | cadeira | cadeirado | Cadeiras, A Virxe das | cadeixa