cadeado

cadeado

(< lat catenatu < latcatēna)

s m

Fechadura non fixa provista dunha barra que se introduce nas argolas dunha caixa, armario, porta, etc. Consiste nunha caixa que contén os mecanismos de fechadura e da que saen os dous extremos dunha barra, polo xeral en forma de U, un articulado e o outro provisto dunha fenda onde encaixa o pasador. Os mecanismos de fechadura poden ser substituídos por unha combinación que, por medio dun xogo de fendas e saíntes, traba o brazo articulado da barra.

Formas incorrectas

candado

Palabras veciñas

caddo | cadea | cadea | cadeado | cadeeira | cadeira | cadeirado