caddo
caddo
-
adx
Relativo ou pertencente aos caddos ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo caddo.
-
s
m
[ETN]
Pobo orixinario do NL de Texas que se estendeu polo SO de Arkansas. A súa sociedade estruturábase en clases e dedicábase maioritariamente á agricultura. A maior parte deste pobo reside en reservas situadas no oeste de Oklahoma. A súa poboación ascende a 1.800 individuos repartidos nas tribos Cahinnio, Hasinai, Kadohadacho, Nanatsoho, Upper Nasoni, Upper Natchitoches e Upper Yatasi.
-
s
m
[LING]
Lingua de América do Norte que conta con 141 falantes no O de Oklahoma. Antigamente se estendía ata o noroeste de Texas e o sudoeste de Arkansas, pero hoxe en día está en claro retroceso.