cadril

cadril
  1. s m [ANAT]

    Óso plano da cadeira que conecta o sacro co fémur e une, así, o tronco coa extremidade inferior. Forma as partes anterior e lateral da pelve ósea, e artículase por diante co seu homónimo na sínfise púbica, por detrás co sacro, constituíndo a articulación sacroilíaca, e lateralmente co fémur (articulación coxofemoral). Está composto por tres partes: íleo, isquion e pube, ósos independentes na fase embrionaria que aparecen soldados no adulto a nivel de cavidade acetabular. Presenta relevos anatómicos de importancia: a crista ilíaca, marxe superior do óso, situada entre dúas protuberancias óseas (as espiñas ilíacas anterosuperiores e posteroinferiores); a grande abertura ciática, situada entre a espiña ilíaca posteroinferior e a espiña ciática; a liña innominada, que divide a cara interna do óso; a cavidade acetabular ou acetábulo, que forma parte da articulación da cadeira, e o buraco obturado, por onde pasan importantes estruturas desta rexión. Tamén se coñece como óso coxal ou óso ilíaco.

  2. s m

    Parte avultada do corpo das persoas e doutros mamíferos na que a perna ou a pata se une ao corpo.

    Ex: Bateulle ao porco cun pau nos cadrís.

    Confrontacións: cadeira.
  3. s m pl

    Parte baixa do lombo das persoas.

    Ex: Onte doéronme os cadrís durante toda a tarde.

  4. cruz dos cadrís [ZOOL]

    cruz dos cadrís.