cadro
(
-
s
m
-
Figura, obxecto ou espazo de forma cadrada ou rectangular, especialmente cando está estampado sobre unha tea.
Ex: Levaba posto un abrigo de cadros.
-
Armazón, xeralmente de forma cadrada ou rectangular, que sostén algunha cousa polos bordos ou que deixa o espazo para que encaixe algunha cousa.
Ex: A casa aínda non está rematada por dentro, ten as portas só cos cadros. Aproveitei o cadro dunha foto vella para enmarcar esta fotografía.
-
[ARTE]
Pintura, debuxo ou gravado non mural, realizado normalmente sobre tea ou táboa e enmarcado.
Ex: Na bienal gustáronme máis os cadros cás esculturas e as fotos.
-
[BÉL]
Antiga formación da infantería en figura de cuadrilátero presentando catro caras ao inimigo. Practicábase contra as cargas de cabalería en campo aberto, mentres que coa difusión das cargas de fogo perdeu toda a súa efectividade.
-
-
-
s
m
Texto resumido ou gráfico, normalmente encadrado ou esquematizado por medio de chaves ou de casas, que destaca do resto do texto e que pode ocupar unha ou máis páxinas. OBS: Tamén se denomina cadro sinóptico.
Ex: Ademais do texto débese engadir un cadro estatístico cos datos actualizados.
-
s
m
Exposición oral ou escrita que se realiza con respecto a un determinado tema ou asunto.
Ex: Fixo a presentación pública do cadro de actividades deportivas para este ano.
-
cadro de financiamento
[ECON]
Presentación, con carácter de recapitulación, do conxunto de movementos de fondo que operou unha empresa no curso dun exercicio económico, no que se detallan as diversas orixes dos recursos obtidos e as aplicacións que se fixeron, en inmobilizado e en circulante. OBS: Chámase tamén cadro de orixe e de aplicación de fondos.
-
s
m
-
s
m
Armadura metálica dunha bicicleta.
Ex: Pintei o cadro da bicicleta de cor vermella.
-
-
s
m
[BÉL]
Conxunto de xefes, oficiais e suboficiais dunha unidade militar.
-
s
m
Conxunto dos xefes da administración dunha empresa, dun partido ou doutra organización, que forman o seu núcleo.
Ex: Converteuse rapidamente nun dos cadros do partido.
-
s
m
[ESPECT]
Conxunto de artistas que traballan xuntos nun espectáculo.
-
s
m
Conxunto de persoas ou de cousas que chaman a atención ou que causan algunha impresión.
Ex: O can e o gato xogando formaban un cadro atípico.
Sinónimos: escena. -
cadro de persoal EMPR
[EMPR]
Conxunto dos traballadores dunha empresa.
-
s
m
[BÉL]
-
s
m
[LIT]
-
Unidade da obra teatral que representa un espacio, un ambiente ou unha época desde o estatismo, fronte ao acto, que supón unha división cronolóxica da acción dramática en movemento. A segmentación en cadros, que xorde no s XVIII vinculada á visión pictórica da escena, supón que a obra se presenta como un lenzo ou como unha serie de cadros sucesivos. Nesta liña, a obra presenta fragmentos dun tempo discontinuo, prefírese a fixación fotográfica ao desenvolvemento do movemento dramático e desaténdense os fíos da acción, do suspense ou dos rexurdimentos da trama, que perden importancia. Isto concordou tamén coa estética realista de finais do s XIX, na medida en que a composición do cadro se converteu nunha forma de organizar visual e integralmente a escena. Desde o punto de vista ideolóxico, a concepción do cadro evolucionou desde as súas orixes no s XVIII. Mentres para Denis Diderot implica un sistema pechado e autosuficiente, no que as partes, ordenadas de modo rigoroso e orgánico, se orientan cara a un propósito común; para Bertol Brecht é un fragmento incompleto sen a perspectiva crítica e reestruturadora do espectador, en tanto que cada cadro forma un todo, sen proxección nin continuidade no seguinte, e, polo tanto, unha obra composta de cadros non ten sentido por si mesma sen a intervención do espectador.
-
cadro de costumes
Tipo de relato cultivado polos escritores costumistas do s XIX onde se describen actitudes e hábitos comúns, ben dun determinado grupo social, ben de todo un pobo, por medio da plasmación minuciosa de ambientes (paseos, feiras, romarías, etc), de usos e costumes e, fundamentalmente, de tipos xenéricos (o mendigo, o vendedor ambulante, o augador, etc). Un exemplo na literatura galega é a obra Gallegada. Tradicións, costumes, tipos e contos da terriña (1877), de Valentín Lamas Carvajal.
-
-
[TECNOL]
-
s
m
Nunha central eléctrica, estación transformadora ou centro semellante dotado dun conxunto de aparellos destinados ao mando, medición, regulación e protección de circuítos eléctricos, xunto coas conexións correspondentes e os chasis ou soportes necesarios.
-
cadro de mandos/de instrumentos
Conxunto de indicadores e instrumentos dispostos á vista do piloto dunha aeronave ou do condutor dun vehículo automóbil que lle permiten controlar a marcha do vehículo.
-
cadro de mandos/de instrumentos
Plafón no que están os aparatos de control, regulación e seguridade dunha máquina ou dunha instalación complexa, desde o que se poden coñecer as condicións de traballo en cada momento e modificar o seu funcionamento.
-
cadro manual
Equipo de conmutación dunha central telefónica manual, mediante a que a operadora pode efectuar a conexión entre as liñas de abonado e os circuítos de enlace co fin de establecer as comunicacións telefónicas. A enerxía eléctrica necesaria para alimentar os aparellos telefónicos pode ser subministrada por unha batería situada na central (sistema de batería central) ou por unha pila asociada a cada aparello (sistema de batería local).
-
s
m
-
s
m
[INFORM]
entá ou elemento dunha ventá que se encontra en certos sistemas operativos con finalidade informativa ou interactiva.
-
s
m
[TRANSP]
Bastidor metálico, tubular, xeralmente trapezoidal, que serve de ligadura e soporte aos outros elementos dunha bicicleta ou dunha motocicleta.
-
cadro clínico
[MED]
Conxunto dos síntomas e signos dunha doenza.
-
cadro da casa
A planta da casa.
Frases feitas
-
Quedarse en cadro. Quedar un corpo de tropa sen soldados, conservando a oficialidade e outros elementos de mando. Quedar un grupo reducido ata o mínimo no que respecta ao número dos seus membros.