Cadro Dramático da Universidade
Cadro Dramático da Universidade
[ESPECT]
Compañía teatral promovida por Armando Cotarelo Valledor. Formouse en Santiago de Compostela en 1922, integrada por alumnos da Universidade. Estreou, entre outras, tres obras de Cotarelo (Trebón, Sinxebra e Lubicán), quen participou tamén como director e escenógrafo, contando coa colaboración de Camilo Díaz ou Tito Vázquez. Participaron como actores: Fermín Bouza-Brey, José G. Posada Curros, Pilar Cotarelo, Àngela Deulofeu, Margarida Deulofeu, Felipe Díaz Ortega, Matilde Docampo, María Luísa Fernández, Luis Feijó, Mercedes García Aller, Manuel López Noguerol, Secundino Lugrís, Ramón Martínez López ou Germán Prieto.