butírico -ca

butírico -ca

(< butir(o)

  1. adx [QUÍM]

    Relativo ou pertencente ao ácido butírico, ao butiraldehido ou aos produtos derivados destes.

  2. ácido butírico [QUÍM]

    Cada un dos dous ácidos carboxílicos saturados de catro átomos de carbono con fórmula empírica C 3 H 7 COOH. O de cadea carbonada lineal é o ácido butanoico ou n-butírico, e o de cadea ramificada é o ácido isobutírico. O ácido n-butírico é un líquido oleoso con cheiro a aceite rancio, presente na manteiga, obtido por fermentación dos carbohidratos ou por oxidación do butiraldehido; algúns dos seus ésteres son útiles en perfumería e nas industrias farmacéutica e alimentaria.

Palabras veciñas

butiráceo -a | butiraldehido | butirato | butírico -ca | butirilo | butirina | butirómetro