butírico -ca
butírico -ca
(< butir(o)
-
adx
[QUÍM]
Relativo ou pertencente ao ácido butírico, ao butiraldehido ou aos produtos derivados destes.
-
ácido butírico
[QUÍM]
Cada un dos dous ácidos carboxílicos saturados de catro átomos de carbono con fórmula empírica C 3 H 7 COOH. O de cadea carbonada lineal é o ácido butanoico ou n-butírico, e o de cadea ramificada é o ácido isobutírico. O ácido n-butírico é un líquido oleoso con cheiro a aceite rancio, presente na manteiga, obtido por fermentación dos carbohidratos ou por oxidación do butiraldehido; algúns dos seus ésteres son útiles en perfumería e nas industrias farmacéutica e alimentaria.