Butler, David
Butler, David
Actor e realizador cinematográfico norteamericano. Traballou para a Fox dende 1927 ata 1938 dirixindo películas como: A Connecticut Yankee (Un ianqui de Connecticut, 1931), con Will Rogers, e The Little Colonel (O pequeno coronel, 1935). Tras realizar algún filme na Paramount, rematou dirixindo para a Warner, onde presentou as súas mellores realizacións: Thank Your Lucky Stars (Gracias á túa boa estrela, 1943), con actores de prestixio como Bogart, Bette Davis, Errol Flynn e Olivia de Haviland, San Antonio (1945), The Command (O comando, 1954) e The Right Approach (A aproximación correcta, 1961).
Cronología
-
Nacemento
-
Deceso