Butler, lei
Butler, lei
Lei antievolucionista aprobada en 1925 no estado de Tennessee (EE UU), pola que se declaraba ilegal o ensino da evolución humana nas escolas públicas estatais. Esta e outras leis semellantes, aprobadas nos estados de Arkansas e Mississippi, derrogáronse na década dos sesenta, cando foron substituídas polas leis de trato compensado, que establecían que a chamada ciencia da creación e a bioloxía evolucionista dispuxesen do mesmo tempo nas aulas.