buxa
(< buxo)
-
s
f
[MÚS]
Cada unha das pezas de madeira da gaita que van amarradas ao fol, onde se introducen os tubos sonoros. Dependendo do tipo de gaita poden ter entre tres e cinco buxas, que corresponden ao punteiro, ao roncón, á ronquilla, ao chillón e ao soprete.
-
s
f
[ETN]
-
Peza de madeira onde vai encaixado o eixe do carro; para que o encaixe e o xiro sexa perfecto debe adoptar unha forma de rebaixe semicircular.
-
Oco que deixan o coucillón e as dentoiras no que xira o eixe do carro.
-
-
s
f
[ETN]
Peza cilíndrica, de ferro ou madeira e con saída estreita, pola que pasa a auga que pon en funcionamento o rodicio do muíño.
-
s
f
[ETN]
Disco de madeira de buxo, colocado no centro da roda de afiar, que leva un burato polo que pasa o eixe ou manubrio que pon en movemento esta roda.
-
s
f
[ETN]
Termo da xerga dos canteiros galegos que corresponde á voz ‘mestre’.
-
s
f
[ETN]
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘encargado’.
Frases feitas
-
Ter a buxa frouxa. Dicir mentiras.