buxáceo -a

buxáceo -a

(< lat Buxus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás buxáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das buxáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de herbas, arbustos e árbores da orde das euforbiais que comprende 5 xéneros e máis de 50 especies das zonas tropicais e temperadas. As follas son perennes, sinxelas e frecuentemente coriáceas e ricas en alcaloides. As flores son pequenas, actinomorfas e unisexuais, de catro tépalos soldados na base. Os froitos adoitan ser en cápsula. En Europa está presente o xénero Buxus. OBS: A grafía x representa o son [ks].

Palabras veciñas

buwayhí ou buyí | buxa | Buxa | buxáceo -a | buxado | buxaga | Buxaga