Buxtehude, Dietrich

Buxtehude, Dietrich

Compositor e organista alemán. Cara ao 1668 foi organista e Werkmeister da Marienkirche de Lübeck. Considérase o máis destacado representante da escola alemá do norte do s XVII e o máis importante dos precursores de Bach. Gran parte da súa produción instrumental é para órgano e compuxo, ademais, cantatas e concertos sacros, resultado de musicar textos dos Salmos. Tamén compuxo suites e pezas para clave e música vogal profana.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Hälsingburg ou Bad Oldesloe Holstein, hoxe Dinamarca

  • Deceso

    Lugar : Lübeck