Buzón
Buzón
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que pasou a Castela e fundou casa en Ávila. A rama galega trae como armas, en campo de ouro, unha banda de goles, acompañada de cinco veneras de prata, dúas no alto e tres no baixo; bordo de azul con cinco flores de lis de prata. Os de Castela traen, en campo de sinople, un guerreiro con armadura e casco de prata, sostendo na súa man destra unha alabarda do mesmo metal.